No descanso do partido de onte, correspondente á 11ª xornada da liga #EBA, tivemos a oportunidade de ver e disfrutar das primeiras carreiras, pases e canastas do noso pre-mini mixto, as nenas e nenos máis pequenos da familia PBB. Sempre é un momento moi especial para todas/os o ver cómo arranca o camiño para os cativos. Esperamos que o disfruten durante moitos anos.
Domingo, 28 de Novembro de 2021 - 22:41h
Impresionante inicio de tempada tamén para o noso equipo senior feminino, que se mantén imbatido na competición tras ter disputado as primeiras 5 xornadas da liga regular. Resultado final no día de onte: A Dorna 58 - PBB 71
Foto: Adestrando de azul, en conmemoración do 14 de Novembro, Día Mundial da Diabetes.
Luns, 15 de Novembro de 2021 - 13:05h
Sexto encontro de liga EBA no grupo A-B e sexto triunfo do noso equipo, nesta ocasión impoñéndose ó Hereda Ávila Auténtica por 70-63, para continuar compartindo a 1ª posición da clasificación, empatado con Obradoiro CAB. Espectacular inicio de tempada e igualmente espectacular o apoio e seguimento da afección, da #FamiliaPBB, que se achega en maior número xornada tras xornada.
Domingo, 24 de Outubro de 2021 - 18:42h
Encontros da fin de semana + enlaces de inscrición ós que se disputen na nosa casa, en Porriño:
JFA: https://tinyurl.com/pbbjfa
JMA: https://tinyurl.com/pbbjma
CMB: https://tinyurl.com/pbbcm
SF:
https://tinyurl.com/pbbsf
EBA:
https://tinyurl.com/pbbeba
Xoves, 21 de Outubro de 2021 - 08:00h
Despois de dúas tempadas de ausencia, xa podemos disfrutar novamente en directo nos partidos das nosas xogadoras do senior feminino. Felices de telas de volta e ter acadado un primeiro triunfo a domicilio na xornada inicial, contra un Apóstol Santiago que o Sábado ás 16:00h rende visita a Porriño. ¿Vas quedar na casa?
Inscrición para o encontro: https://tinyurl.com/pbbsf
Mércores, 20 de Outubro de 2021 - 08:05h
Voltamos a xogar na nosa casa e queremos contar con todos vós no pavillón. Nesta 4ª xornada visítanos o Corinto Gijón Basket. Lembrade: Sábado, 9-Outubro ás 20h
Xa podes facer a túa inscrición aquí:
https://app.cluber.es/clubes/9088b430dcc675fac30a1028d192fce9fa4a0a40/pagos/f2452874d25898a75d8c2a69...
Luns 4 de Outubro de 2021 - 09:00h
O noso equipo Cadete Femenino (CFA) acadou praza deportiva na 1ª División Autonómica, tras vencer 60-44 a Salesianos Vigo, no encontro decisivo da Fase Previa celebrado na mañá de hoxe no Pavillón de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.
Enviamos unha felicitación ás rapazas e seu adestrador.
Sábado 2 de Outubro de 2021 - 12:05h
© Todos los derechos reservados.